Espazo Lector Nobel resulta da unión de dous grandes negocios do mundo do libro.
Nobel nace en Brasil en 1943 como unha librería independente. A partir de 1992 empeza a expandirse como franquía e abre tendas en Brasil, México, Colombia, Angola, Portugal e España. Actualmente hai máis de 200 librerías abertas en todo o mundo. Doutra banda, Espazo Lector créase en Galicia en 1992, como unha cadea de librerías propias e en 2006 fusiónase con Nobel en calidade de “ master franquiador” para todo o territorio español.
Gústanos que os nosos cliente sentan a gusto nas nosas librerías, coidamos o ambiente e a estética para ser un espazo moderno e agradable no que o cliente pode buscar o que necesita, ben consultando co noso persoal cualificado ou ben facendo uso dos puntos de información que existen en cada establecemento. Contamos tamén con venda de libros en liña, a cal pode ser efectuada a través da nosa páxina http://www.libreriasnobel.es/
Como espazo cultural, nas nosas tendas podes atopar non só libros, senón tamén artigos de papelería, elementos multimedia, prensa e revistas ou xogos educativos para os máis pequenos.
Trátase de que os nosos clientes participen e sexan parte do
noso proxecto, a través de todo tipo de eventos culturais (presentacións de libros, conferencias, concertos,
etc) e convidándoos a ser un máis da nosa comunidade (redes sociais, Club Espazo Lector Nobel, promocións e
vales agasallo…)
Espazo Lector Nobel é o punto de encontro para todo tipo de eventos culturais: presentacións de libros,
conferencias, concertos, etc.
Queres traballar connosco? Ben, fai clic no botón de abaixo. A que estás esperando?